![]() |
Carlos Crehueras cos premiados, na rolda de prensa inmediata á entregados premios. |
A festa máis grande da industria editorial
das letras en castelán dura dous días, aos que hai que sumar a resaca da mañá
seguinte. Xornalistas de medios de toda España fan acto de presencia en
Barcelona para asistiren xuntos á rolda de prensa do día 14 de outubro, o
previo á entrega do Premio Planeta de Novela, na que o presidente do Grupo
Planeta, José Crehueras, acompañado por membros do xurado e por Jesús Badenes,
director da área do libro do Grupo, fala da saúdo do mundo editorial e do
propio premio; rolda de prensa e posterior xantar que este ano 2025 tivo lugar
no Palau da Música convertido en lugar de
reencontro de xornalistas que repiten ano tras ano, de caras novas e de algúns
que tamén son, somos, autores de libros, Sergio Vila-Sanjuán é un bo exemplo
dirixindo o cultural de La Vanguardia e gañando premios literarios como o
Fernándo Lara e o Nadal.
A noite do 14, cea entre xornalistas
forasteiros e membros do gabinete de prensa do grupo nalgún restaurante da
cidade, nesta ocasión no Galante, con boa cociña pero con racións que serían
tapas gratuítas acompañando un viño en calquera bar galego.
O día 15 de outubro, Santa Teresa, así se
chamaba a muller do fundador da editorial Planeta, José Manuel Lara Hernández,
os xornalistas forasteiros estamos convidados a unha actividade cultural, que
este ano foi a visita guiada polos propios comisarios á exposición “Miró e
Estados Unidos” que ten lugar no edificio museo da Fundación Miró en Barcelona.
Imprescindible para que visite a cidade Condal.
Pola noite, a gala do Premio, celebrada no
Museo Nacional d’Art de Catalunya á que asistiron un milleiro de convidados,
remata coa entrega do premio ao gañador, Juan del Val, e á finalista, a
escritora compostelá Ángela Banzas por unha obra de antemán interesante e
atractiva.
A resaca nótase na mañá do día 16, cando
os galardoados asisten a outra rolda de prensa e a entrevistas personalizadas
entre parabéns e despedidas ata unha nova edición, a 75, que se celebrará o ano
que ven.
Comentarios
Publicar un comentario