Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

A peste (NON Á GUERRA)

Imaxe
O ser humano non aprende porque non ten memoria nin a quere ter. Albert Camús publicou en 1947 a novela “A peste” ; unha obra esencial na literatura universal na que narra a chegada da peste a cidade alxeriana de Oran. Reproduzo de seguido un breve fragmento: Houbo no mundo tantas pestes como guerras e porén, pestes e guerras collen as xentes desprevidas sempre... Cando estala unha guerra, as xentes din: “Isto non pode durar, é demasiado parvo”. E sen dúbida unha guerra é evidentemente demasiado parva, pero iso non impide que dure. A estupidez insiste sempre, un decataríase diso se non pensase sempre en un mesmo. Hai dous anos, por estas datas, moita xente aínda pensaba que o do COVID-19 era un mal de chineses e de italianos despistados. Neses dous países os mortos contábanse por milleiros e os datos so preocupaban a sanitarios, científicos e inmunólogos. Por estas datas, semana arriba semana abaixo, comezaban as restricións e a corentena, moi criticada en España  por millóns de pe

Putin e o seu exército seguen ameazando países: NON Á GUERRA!!!

Imaxe
  A Unión Europea incrementa as sancións contra Putin e a súa contorna. Namentres, os cidadáns da UE nos preguntamos se facerlle cóxegas a unha anaconda serve para que deixe de premer. Pero ollo!, as últimas sancións xa teñen moito calado: os rusos non poderán participar no Festival de Eurovisión!!!, non van ser sede da Champions!!! nin das carreiras de Formula 1!!!  Iso si que son impactos! Agora si que treme Rusia! Treme tanto, que a reacción de Putin é a de deter e levar aos gulags a máis de dous mil rusos que ousaron manifestarse contra a invasión de Ucraína e contra a guerra. Treme tanto, que ese personaxe tan obsceno segue coaccionando e violentando o dereito dos pobos a decidiren o seu destino: Finlandia e Suecia , se se vos ocorre  pensar en entrar na OTAN tomarei  graves decisións militares e políticas –di o novo zar. Con todo, eu non son quen de dicirlle a ninguén se debe ou non entrar na OTAN ou en calquera outra alianza militar, pero si son quen de pensar e de dicir

NON Á GUERRA!!!

Imaxe
NON Á GUERRA!!! Putin invade Ucraína .   Hitler invadiu Polonia o 1 de setembro de 1939, comezando así a II Guerra Mundial. Outra vez guerra! Quizais non o lembremos pero cada presidente dos EEUU tivo a súa guerra, intervindo, invadindo, matando, controlando petróleos, gases e territorios estratéxicos por ben da democracia (é dicir, dos intereses económicos duns poucos). Xa me tarda. Vladimir Putin O caso é que Putín invadiu Ucraína. Que pode facer un país coma Ucraína fronte o poderío militar ruso? Ben pouco. Alí hai tropas da OTAN , incluídas españolas, vixiando fronteiras pero non as de Ucraína con Rusia. Se a OTAN intervén defendendo os ucraínos, as consecuencias van ser unha guerra devastadora que afectará a Europa, que nos vai afectar a nós, e a outros países aliados. Se a OTAN non intervén, Ucraína vai ser absorbida por Rusia, con consecuencias catastróficas para a maioría dos ucraínos. Nos países que formaron parte da antiga Unión Soviética tremen. Sospeitan, quizais, c

Un bo rapaz (Goodfellas)

Imaxe
Camelio 1 Cal é o significado desa frase? Que é ser un bo rapaz? Sen dúbida, os que decidiron que a película de Martin Scorsese Goodfellas se titulase en español Uno de los nuestros  ían ben encamiñados, intuían o significado real da pregunta que me fago ao principio. Ser un dos nosos  é o único condicionante para dicir de alguén que é un bo rapaz . Entón, se un pensa ou actúa de xeito diferente ao considerado socialmente como correcto, deixa de ser un bo rapaz? Seica si.  Henry Hill ( Ray Liotta ) era un bo rapaz no entorno familiar de Brooklyn até que deixa de estudar sendo adolescente para, con moito empeño, acabar converténdose nun bo rapaz para Paul Cicero ( Robert de Niro ) e o seu clan. Pode un manter o espírito crítico sendo un bo rapaz? Probablemente houbo tempos, breves, nos que a resposta puido ser afirmativa; hoxe creo que é practicamente imposible. A día de hoxe, inmerso nunha sociedade na que o espírito crítico so se mantén en círculos intelectuais e artísticos, e

Quen anda aí? (Return to forever)

Imaxe
  Bonsai Xunípero 1 Aproveito o nome dunha formación musical que iniciou a súa andaina en 1971, liderada por Chic Corea e Stanley Clarke , das pioneiras no jazz fusión , para proporme unha declaración de intencións, de regreso á escrita, á bitácora, na que reflectir opinións sobre o que me importa, e o que me importa xa xurdiu en entradas vellas e ireino debullando  nas sucesivas. Seguindo coas referencias musicais, este tempo de ausencia non foi voluntario, tivo que ver mais cunha visita ao Hotel California , ese no que habitan os diaños que moitas veces impiden atopar a saída real á rúa, ao mundo. Un mundo, por certo, que moito máis alá da pandemia e do virus que se está a converter en endémico, atopei do revés. Que preguiza! Terei forzas dabondo para enfrontarme a el? A resposta está nos bonsais nos que dende hai décadas me refuxio; se te ergues podes ver moito máis alá, se separas as pólas, hai horizonte, e habéndoo un debe ter en conta  a frase atribuída a Bertold Brecht “ hai