Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

Un apunte sobre "O espírito do aire"

Imaxe
Atenea Como dícíamos onte, a senda da escrita  léva nos  por lugares insospeitados do mesmo xeito que nos afasta doutros. Hai un ano mais ou menos que O Espírito do Aire se isntalou en min con tanta intensidade que non conseguín ter folgos para poder escribir neste foro nin para participar doutros foros menos literarios pero tamén apetecibles. Porén, non quere dicir que non pensara algunha vez en reflectir aquí impresións sobre libros lidos nestes últimos doce meses, sobre escapadas e experiencias vividas noutros lugares, sobre acontecementos que nos conmocionaron e sobre persoas que me cautivaron. Insisto en que foi O Espírito do Aire quen me puido. Afortunadamente, os deuses quixeron sorrirme e o xurado do Premio de Novela Ateneo de Valladolid 2013 foi quen de premiar a miña novela, esa que se vai titular O Espírito do Aire , ou El Espíritu del Aire en castelán, que vai estar nas librerías no mes de marzo de 2014 publicada por Xerais en galego e por Algaida en castelán