Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

Historias de Compostela

Imaxe
Santiago de Compostela é unha cidade que agocha moitas historias, moitos pequenos segredos, que non o foron pero que co paso do tempo quedaron esquecidos.  Santiago é unha cidade histórica e monumental cunha beleza e un patrimonio que a coloca entre as máis fermosas cidades do mundo. Ser foco de espiritualidade de Occidente grazas á inventio, o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, e a rápida formación do primeiro núcleo urbano, o Locus Sancti Iacobi , así como a construción da catedral románica, aportou un movemento inxente de peregrinos que chegaron de toda Europa, por terra e por mar, que viñan atraídos pola devoción ao apóstolo e polo que hoxe chamaríamos “novas oportunidades de negocio”, falo de construtores de catedrais, de igrexas  e de mosteiros, carpinteiros, frades, cambistas, ilustradores, tradutores, especuladores e xentes de vida licenciosa, entre outros moitos. Un paseo pola cidade actual, a cidade do século XXI, permite ver claramente en moitos casos ou

A fraga do Eume

Imaxe
Descubrín a Fraga do Eume de neno nas excursións de domingueiro que facía cos meus pais (nunca estarei suficientemente agradecido, sempre visitando mosteiros, castelos e lugares con historia do meu pobo, da nosa terra). Lembro que quedara impresionado pola riqueza de verdor tan noso e pola historia do mosteiro de Caaveiro . Tamén lembro como me alporicei ao saber que en 1800 fora abandonado e que con aquel acto comezara o seu deterioro. Cada vez que tiven ocasión de volver quería pisar nos mesmos lugares onde imaxinaba pisara aquela primeira vez,  para facer renacer na memoria aquela aventura iniciática  na que estivera guiado polo meu pai, a igrexa, os apousentos dos monxes, a sala de torturas e o lugar do tormento da pinga de auga. A riqueza natural do lugar, de toda a Fraga do Eume, do seu contorno, foi gañando cada vez máis importancia na miña vida,  cada vez que pensaba e penso en Galicia. Non se pode consentir, nin agora nin antes de agora, que non respectemos  a nosa terra.