Un bo rapaz (Goodfellas)
Camelio 1 |
Entón, se un pensa ou actúa de xeito diferente ao considerado socialmente como correcto, deixa de ser un bo rapaz? Seica si. Henry Hill (Ray Liotta) era un bo rapaz no entorno familiar de Brooklyn até que deixa de estudar sendo adolescente para, con moito empeño, acabar converténdose nun bo rapaz para Paul Cicero (Robert de Niro) e o seu clan.
Pode un
manter o espírito crítico sendo un bo rapaz? Probablemente houbo tempos, breves,
nos que a resposta puido ser afirmativa; hoxe creo que é practicamente
imposible. A día de hoxe, inmerso nunha sociedade na que o espírito crítico so
se mantén en círculos intelectuais e artísticos, e moitas veces, a porta
pechada, ou estás con nós, ou estás contra nós.
Estas
son so algunhas preguntas e reflexións que me fago, a modo de presentación para
ir tirando dos fíos de futuras recensións sobre as mulleres e o seus dereitos,
as súas voces; sobre os premios literarios; os premios das distintas academias
ou lobbis; o tratamento da cultura nos medios; os países e comunidades que
dende Madrid seguen a ser “regiones e/ou provincias”; de persoas
imprescindibles; de medios prescindibles; de precursores...
Non
podo deixar de adornar isto cun bonsai, para seguir mantendo a paz.
Comentarios
Publicar un comentario