Un apunte sobre "O espírito do aire"

Atenea

Como dícíamos onte, a senda da escrita  lévanos por lugares insospeitados do mesmo xeito que nos afasta doutros. Hai un ano mais ou menos que O Espírito do Aire se isntalou en min con tanta intensidade que non conseguín ter folgos para poder escribir neste foro nin para participar doutros foros menos literarios pero tamén apetecibles. Porén, non quere dicir que non pensara algunha vez en reflectir aquí impresións sobre libros lidos nestes últimos doce meses, sobre escapadas e experiencias vividas noutros lugares, sobre acontecementos que nos conmocionaron e sobre persoas que me cautivaron.
Insisto en que foi O Espírito do Aire quen me puido. Afortunadamente, os deuses quixeron sorrirme e o xurado do Premio de Novela Ateneo de Valladolid 2013 foi quen de premiar a miña novela, esa que se vai titular O Espírito do Aire, ou El Espíritu del Aire en castelán, que vai estar nas librerías no mes de marzo de 2014 publicada por Xerais en galego e por Algaida en castelán.

Unha historia de crise social como consecuencia do trauma sufrido por unha vila, Cangas do Morrazo, a principios do século XVII. Unha historia con moitas historias, con tradición, con bruxería, con inquisición, con amor e con sexo, con sufrimento e con morte, cun personaxe como a lendaria María Soliño lembrada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro. Pero tamén é unha historia de esperanza e de futuro, non esquezamos que a novela se titula O Espírito do Aire.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio