“Vengo del futuro” dixo Dolores Fonzi

 

Dolores Fonzi recolle o Premio Goya por Belén (Fonte:RTVE)

Na gala de entrega dos Premios Goya 2026 celebrada o sábado pasado en Barcelona, durou dous meses, de febreiro a marzo (brincadeira), a cineasta arxentina Dolores Fonzi, directora e protagonista da película Belén que mereceu o premio a Mellor Película Iberoamericana, dixo para rematar o seu breve discurso de agradecemento que “viña do futuro”. Probablemente a mellor frase da noite, máis alá de todos os postulados antixenocidio e antifascistas que  percorreron a noite e a gala.

“Vengo del futuro, aún están a tiempo” –insistiu Fonzi. Quería advertirnos de que nós aínda podemos evitar que a ultradereita acade o poder grazas á deriva dos seus socios que perderon todo o sentido democrático que deberían ter, o sentido democrático que teñen outros partidos de dereitas nisto que que coñecemos como España.

Quen ven do futuro, no seu caso da Arxentina onde goberna o fascista que acaba de aprobar unha lei na que a xornada laboral pode ser de doce horas diarias; por iso nos advirte, porque estamos a tempo de evitalo. Quixera eu ver aquí a tanto vago, que nutre as listas do paro porque lle vai ven cobrar o subsidio, quixera velos tendo que ir traballar doce horas ao día porque gañaran os que eses vagos ignorantes puideran votar.

Menos mal que quedan moitas “chaponas” intelixentes, falo das rapazas, falo das que son menosprezadas por ser brillantes por parte dos inútiles do sexo masculino, un grupo social cada vez máis violento, máis ignorante, mais encolerizado cos que saben, porque estudian, porque se informan, porque len, porque consumen cultura, boa parte deles, mulleres.


Comentarios