![]() |
| Renegados do ICE, o xeo mata! |
Os periféricos son unha etnia que malamente
sobrevive nos seus territorios, cada un cos seus líderes, por diversos motivos:
son gobernados por tiranos conservadores, por tiranos liberadores ou por presidentes
electos en estados fallados; non recibiron formación, a súa educación é escasa
e son fieis, radicais diría eu, seguidores dunha relixión monoteísta tamén
errada, dividida en múltiples setas quita cartos, como a orixinal. Todos quedan
abraiados polo brillo dourado e hortera dunha torre na capital do mundo.
Os periféricos acoden en masa,
maioritariamente de xeito ilegal á chamada da selva, do dourado e do odio
disfrazado de liberdade. Uns entran e conseguen traballos, mellores ou peores
(case sempre) e, cando o efecto laranxa se expande, unha manchea deses
periféricos asegura o seu caldo acadando poder, poder para matar, poder para
insultar, poder para reprimir absolutamente autoconvencidos da mentira na que
viven. E matan, e menten.
A quen matan? A quen menten? Aos seus, aos demais
periféricos que apareceron nunha listaxe, aos demais periféricos que viven relativamente
ben un tanto alleos a tanta mentira, a tanto odio, a tanto efecto laranxa. E
matan, matan reprimen os seus. Verdade Jonathan Ross? Verdade Jesús Ochoa e
Raymundo Gutiérrez? Verdade Bovino?
Pero ollo! Ochoa e Gutiérrez, matastes un enfermeiro
de raza branca oficial, quizais o señor laranxa diga que foi un erro, para
calmar os seus votantes, e sexades condenados por asasinato. Quen sabe!
Os periféricos deberían lembrar que non é ouro
todo o que brilla.
Aviso a navegantes. Aviso a renegados.

Comentarios
Publicar un comentario