Morreu Dawson... arruinado.

Hospital Clínico Universitario - Santiago de Compostela

 

James David Van der Beek foi un actor estadounidense que interpretou o personaxe de Dawson Leery na serie de televisión adolescente “Dawson crece”, titulada así en España. Este actor orixinario de Connecticut, casado e con seis fillos, sufriu un cancro de colon que finalmente rematou coa súa vida. Non so iso, rematou coa economía familiar por ter que gastaren os cartos que tiñan e, tras vender propiedades, na ruína económica. A muller e os fillos debían preto de medio millón de dólares aos centros médicos que o atenderon ata morrer. Afortunadamente, grazas a unha rápida resposta solidaria, a familia recibiu uns dous millóns de dólares de xente de Hollywood e dos seguidores do actor.

Resumo: A James Van Der Beek se lle diagnostica cancro colorectal. Comeza tratamentos moi caros que ten que pagar. Morre e a familia queda con enormes débedas.

Iso é o que queremos!!! Enfermar e non ter cartos para pagar os médicos!!! Por favor, NON queirades pagar IMPOSTOS. Por favor, nada de impostos. Por favor, votade aos que queren baixar os impostos. Non agardedes máis, menos impostos, que cando enfermedes SEMPRE VOS VAI QUEDAR A SANIDADE PRIVADA, mentres teñades cartos para pagala!!

Non sexades burros: Votade a quen quere baixar os impostos e así chegaremos a unha sociedade sen SANIDADE PÚBLICA, e morreremos arruinando as nosas familias que seguirán vivindo LIBRES DE IMPOSTOS.

Sigamos o exemplo dos Estados Unidos de América e morramos como Dawson.

Non sexamos idiotas como os países nórdicos europeos, que están orgullosos dos impostos que pagan e da sanidade pública que teñen.

 


Comentarios