| Ameaza, mais os deuses aínda non queren que chova. |
Remata agosto e semella que o verán acaba.
Porén, este foi un agosto no que todos, absolutamente todos, desexamos que chovera, que chovera, ou que chova de
verdade... a cántaros, tal como cantaba Pablo Guerrero no seu día. Precisamos
auga divina, a dos deuses, para que axude a eliminar esa lacra que tanto dano
fixo e está a facer en Galicia e nos lugares veciños de El Bierzo e La Cabrera:
o lume. Lume provocado, lume intencionado, lume alimentado, lume asasino, lume
que produce carraxe, lume que alimenta e da vida aos descerebrados e ignorantes
que votan a VOX e ás formacións de charlatáns similares. Non temos políticos de
altura, non temos políticos con visión de Estado, non hai sensatez na política,
non hai sentidiño, por moito que utilicen esa fermosa palabra que tanto empregaba a miña nai, como reclamo electoral. E case
todos os que demostran esas carencias están na dereita.
Culpables? Os que prenden o lume, cos
mixtos, coas bombas incendiarias, con leis que eliminan o gando dos montes e
prohiben a súa limpeza, con políticos que na empresa privada non aguantarían
nin o primeiro contrato, por ignorantes, por burros, por macarras, por malas
persoas... os votantes? que seguen erre que erre votando aos responsables de centos e milleiros de mortos en Valencia, Madrid, de incendios con vítimas en Castela León, Galicia... Si, os votantes.
Por iso, nada máis e nada menos que por
todo iso, TEN QUE CHOVER A CÁNTAROS, excepto en Valencia, que segue o mesmo
presidente, maza que te maza.
Hai redes que non aceptan ligazóns, aínda así, aquí deixo a canción de Pablo Guerrero “A cántaros”.
Comentarios
Publicar un comentario