![]() |
Sara Jessica Parker, "Carrie" en Sex and the city |
Os libros non venden entre as audiencias
televisivas e radiofónicas, incluso dispoñen de pouco espazo nas páxinas dos
xornais. Por iso non vou falar de libros. Vou falar dunha exitosa serie de hai
25 anos, que non seguín regularmente, pero que que foi vista por millóns de espectadores
en todo o mundo: Sex and de city, Sexo en Nueva York en castelán. A serie que
cumpriu máis de 25 anos dende a súa estrea, marcou tendencias en relacións
entre amigas, no xeito de ver o sexo e as relacións sexuais tan abertamente e
con tanta normalidade dende o punto de vista feminino, marcaron modas en vestiario,
moito de Zara, peiteados e maquillaxe, en actividades sociais... E quizais
lograron ese impacto grazas a seren mulleres normais, de clase acomodada
insisto, pero normais.
A actriz protagonista, Sara Jessica
Parker, boa actriz, muller riquiña, con
mais de 60 anos, como todas as súas compañeiras, investiu en moitos negocios,
pero o que máis ocupa o seu tempo é o de editora, pois si, montou unha
editorial que da oportunidades a escritores
novatos. É noticia estes días por ser elixida como xurado do Premio Booker Internacional,
premio á mellor novela editada ou traducida ao inglés por algunha editorial
inglesa ou irlandesa. Ten que ler, afirma, dous libros diarios durante cinco
meses. Imposible. Coñecín un editor, que viña do sector do café, que nos seus
primeiros meses na editorial presumía de ler 80 libros ao mes, imposible, e non
paraba de estar en saraos literarios e da industria do sector. Alégrame
moito que unha persoa influínte, que non influencer ou como din agora “creadora
de contidos”, como Sara Jessica Parker lea, sexa editora e empresaria
editorial. Magnífica noticia.
Cando non hai espazo para os libros nos
medios, a aparición de atractivos eventos con escritores, músicos e actores,
vaise estendendo por pequenas vilas,
aldeas e lugares, apoiados por iniciativas veciñais e, con frecuencia, tamén polos
pequenos concellos e outras institucións. Os libros falan e atraen xente. Non
tanto nas cidades, nin nos medios, pero están aí.
Comentarios
Publicar un comentario