A guerra de Israel

 

Lecturas recomendadas

A guerra de Israel?

No Gran Dicionario Xerais da Lingua atopo estas entradas:

Guerra: Loita armada entre dous ou máis grupos ou estados.

            Segundo esta definición, non é o caso.

Xenocidio: Crime contra a Humanidade que consiste no exterminio en masa dun grupo nacional, étnico, racial ou relixioso.

            Aquí temos unha coincidencia plena do que está a facer Israel en Gaza.

Colaboracionismo: Conxunto de actitudes e tendencias favorables á colaboración ou á participación activa nun réxime político considerado inimigo ou opresor para un país.

            Aquí hai exemplos para dar e tomar, as políticas de EEUU e doutras potencia, a hipocrisía da Unión Europea, a postura antidemocrática da dereita europea incluída a española (non vai ser que se cabree a ultradereita), o lavado de cara do xenocidio na prensa de dereitas (a maioría en España, tamén en Galicia), de determinadas emisoras de radio e dos informativos das televisións controladas pola dereita (unha vergoña que apoien o xenocidio branqueando a información co terrorismo de Hamás cando Israel asasina un mínimo de 30 menores cada día, porque non poden acusar a ETA), palmeiros compartindo mantel con delegados israelís (“hai que acabar coa guerra” din, “que pena tanta guerra”, cando o que queren dicir é “a ver se acabades dunha vez co pobo palestino para que haxa paz).

Por certo, onde están os países árabes? Ah, si, están ocupados cos grandes premios de Fórmula 1, coa Final Four do Eurobasket, coa supercopa de fútbol de España, con financiar e mercar grandes equipos de fútbol en Inglaterra, Francia, España...

E nós?


Comentarios