Biblioteca de autor 6: Las brujas de Salem o El Crisol (The Crucible)
Unha das maravillas que caeron nas miñas máns hai anos foi a obra
do dramaturgo Arthur Miller “Las brujas de Salem o El Crisol” con
título orixinal en inglés “The crucible”. Trátase dunha obra
de teatro inspirada nos dramáticos sucesos que aconteceron na
pequena vila de Salem, Massachussets, polo ano 1692 no que 19
mulleres novas foron queimadas por bruxaría e entre 200 e 300 foron
acusadas en maior ou menor medida de participaren en actos impuros,
diabólicos, prohibidos pola sociedade puritana daquela provincia
americana de finais do s.XVII. Caza de bruxas para disfrazar outros
intereses, coma sempre, económicos, políticos, de dominio sobre
outras familias rivais, sobre outros pensamentos.
Interesabame moito
o tema por todos os elementos que rodeaban os fitos históricos como
polo tratamento literario feito por Miller na súa exitosa obra.
Porén, durante aquela primeira lectura que me abraiou, descoñecía
que Miller escollera ese tema como metáfora da caza de bruxas que
tantos americanos experimentaron, el tamén, por culpa da política
difamatoria e delatora dos seguidores do senador McCarthy que vía
comunistas detrás de cada esquina. Arthur Miller foi absolto pouco
antes de entrar na cadea por desacato ao Congreso grazas á sentenza
do Tribunal de Apelación.
Co paso dos anos chegou a min unha versión en banda deseñada que
tamén considero extraordinaria: “Verano Indio” de Hugo Pratt e
Milo Manara.Unha xoia.
Volvín a Miller e o seu “Crisol” cando estaba preparando a
novela “A voz do vento”.
Un drama en el que junto a la controversia política se entrelaza la grandísima sensibilidad moral de Arthur Miller.
ResponderEliminarLos hechos que se narran en “las brujas de Salem” son lejanos en el tiempo respecto a la época que Miller estaba viviendo, pero ambos tienen una base común de intolerancia y fanatismo. Por ésta última apreciación, también podríamos considerar la obra como muy actual.