Extraterrestres, habelos hainos? (3)

 


Non minto ao dicir que “todo o mundo” viu extraterrestres, dende os máis malvados ata os mais simpáticos; onde? No cine. Hollywood non foi alleo ás mareas de OVNIS, aos avistamentos, ás noticias en prensa sobre eses aparellos non identificados.

De épocas consideradas clásicas dentro do cine, hai dúas películas de culto que convén ver de cando en vez: La guerra de los mundos (1953) de Byron Haskin e La invasión de los ladrones de cuerpos (1956) de Don Siegel. En 2005, Seteven Spielberg fixo unha versión tamén exitosa de La guerra de los mundos, dende unha perspectiva máis familiar e de vecindario cando a primeira era mais militarista e relixiosa. Ambas inspiradas no libro de H. G. Wells.

Entre as modernas, destaca sobre todas Alien, el octavo pasajero (1979) dirixida por Ridley Scott e Aliens: el regreso (1986) dirixida por James Cameron. Aquí incluiría o resto da serie sobre Alien nas que intervén de forma maxistral Sigourney Webber, Alien 3 e Alien Resurrection, sendo tamén magníficas as secuelas de Ridley Scott Prometheus, Covenant e Romulus.

Innovadora no seu día e imprescindible hoxe é 2001: Una odisea del espacio dirixida por Stanley Kubrick, estreada en 1968 e con moi poucos diálogos para que a xente sentira a soidade do espazo de xeito visual logrou que houbera arredor dela unha morea de teorías sobre os monólitos que aparecen e da evolución do ser humano e dos robóts.

O paradigma de extraterrestre bo, indefenso e amigo dos rapaces é, sen dúbida E.T.,o extraterrestre, o gran éxito de Steven Spielberg para o cine familiar.

Películas que tamén provocan inquedanza son Stargate (1994), interpretada por James Spader e Kurt Russell, e Señales (2002) de Shyamalan.

Sendo películas de xénero, ciencia ficción, hai unhas trinta e tantas que gozaron do éxito entre o gran público a nivel mundial e unha manchea delas son revisitadas polos amantes do cinema.


Comentarios