Compostela, con Eduardo Mendoza e Xurxo Fernández |
Como cada ano por estas datas, a xente da
cultura e os lectores estamos, en maior ou menor medida, pendentes de dous
premios literarios e da entrega doutro. Eduardo Mendoza, o gran escritor
catalán que xa gañara o Planeta, recollerá a finais de mes o Premio Princesa de
Asturias das Letras. Antes, coñecemos o Premio Nobel de Literatura que se
fallou o xoves 9 de outubro e que este ano, a pesar das quinielas e das casas
de apostas, gañou o escritor húngaro László Krasznahorkai de quen sentira falar
pero non lin e, en nada, vaise fallar o máis importante premio da industria
editorial en castelán, o Premio Planeta que vai xa pola 74 edición.
Hai outros premios que dan prestixio, uns
serven para que o autor venda máis libros e outros para colocar os autores,
homes e mulleres que se esforzan na súas paixóns narrativas, na lista dos que
pagan a pena ler.
Teño lido varios libros de Mendoza,
prometo ler a László Krasznahorkai e xa veremos que pasa cos gañadores do
Planeta. Todos eles poden ser considerados autores de éxito, non xa pola súa
calidade literaria, tamén polo feito de térense convertido e best-sellers,
por venderen moitos libros grazas ao seu talento e a saberen chegar ao gran
público.
Os lectores saben, por iso leen, que hai
unha diferenza grande entre literatura e libros de consumo. Algúns grandes
autores escribiron libros que a crítica, e os lectores, cualificarían de
menores, do montón, e coñecemos escritores da industria editorial que pouco a
pouco foron atopando a súa voz e acabaron escribindo obras de moito calado.
O importante é que o talento sega
agromando e que os lectores gocemos dos libros que escollemos ler.
Comentarios
Publicar un comentario