Capa do caderno sobre Sabucedo de Claude Le Gall
Aquel ano chuvioso, en Sabucedo, durante a
Rapa das Bestas, un home alto, de boa planta, cun par de cámaras de foto
profesionais colgadas do pescozo, presentouse ante o meu amigo Victorino e de
min. Era a primeira vez de todos nós naquel ancestral e tradicional espectáculo
que, ano tras ano, se celebra a principio do verán. Claude Le Gall presentouse
como bretón, falando un chisco de castelán, comprendendo o noso galego e o noso
francés.
Dende entón, moitas visitas de Claude Le
Gall a Galicia, a moitos lugares da nosa xeografía, con especial querenza por As
San Lucas de Mondoñedo e, por suposto, pola Rapa das Bestas de Sabucedo. Entre
medias, unha exposición titulada “Suite Galicienne” no Museo do Pobo Galego en
Santiago de Compostela celebrada no ano 2012.
Outro amigo bretón, Denez Abernot, agasállame
anos máis tarde cun libro titulado “Bretagne, de mer, de terre, de lumière” do
fotógrafo bretón. Eles non se coñecen. Os dous son mentes preclaras, artistas,
humanistas.
A comezos deste verán, Claude e Marie Hélène
visitáronme na casa agasallándome cun fermoso libro de fotografías “Being Irish”
e cun caderno sobre Sabucedo xa publicado por Café Royal Books.
Ver as fotos de Claude Le Gall, con esa
particular mirada bretoa, limpa, clara, chea de sensibilidade, non so é un gozo
para os sentidos, unha mirada histórica, a observación dun mundo que non
existe. É, no meu caso, sobre todo, é a exaltación da amizade.
Comentarios
Publicar un comentario