Os libros e a lectura son riqueza
Hai xente que afirma, cheo de razón, que
non cree nas vacinas (entre eles un Kennedy responsable da sanidade no Goberno
de Trump). As vacinas, a ciencia, non son cuestión de fe. Un pode crer ou non nun
deus, no destino... pero no relativo á ciencia, ás vacinas, á estrutura do
planeta terra, non hai crenza que valga; simplemente ou estás cos adiantos
científicos e co resultado das investigacións ou te retratas como un completo
ignorante.
Podes dicir que non tes o hábito de ler,
que nunca te inculcaron a lectura na túa formación nin na túa educación, e de
aí concluír que non che gusta ler. Es mellor ou peor? Sen dúbida peor cos que
leen, cos que lemos. Se non les non tes porque ser mala persoa, en absoluto; so
es unha persoa con carencias. Estar orgulloso de non ler so retrata a túa propia
ignorancia.
Os libros son riqueza, a ciencia é riqueza.
Grazas a uns e a outra, o ser humano avanzou. O problema foi que, nalgún
momento de décadas recentes, abandonamos os fillos porque priorizamos a nosa
comodidade, e o que conseguimos son novas xeracións de ignorantes, maleducados,
uns fráxiles mental e fisicamente e outros macarras brabucóns, aínda máis ignorantes.
Pon libros na túa vida... porque senón, so
che queda cantar me gusta la fruta, a canción do verán dos imbéciles e
escuros.
Comentarios
Publicar un comentario