Normandía, 81 anos despois

 

Monumento escultórico, Praia de Utah, Normandía ©pemónbouzas

E xa van 81 anos de aquel heroico Desembarco nas praias de Normandía, Sword, Juno, Gold, Omaha e Utah, no que participaron 150.000 soldados dos que perderon a vida, desapareceron ou quedaron feridos, máis de 10.000. Loitaron pola liberdade de Europa (e do mundo), loitaron contra a barbarie nazi (Stalin, mentres, asasinaba millóns de rusos nas súas purgas, e non pagou por elo).

George K. Mullins acaba de cumprir 100 anos. Formaba parte da Brigada 101 Aerotransportable do Exército de EEUU que tan cara pagou a súa loita contra os nazis, brigada que fixo famosa Spielberg facéndoa protagonista da mellor serie ou película da historia do cine e da tv sobre a II Guerra Mundial, Band of Brothers (Hermanos de sangre, nunca dobrada ao galego). Mullins regresou a Normandía con outros 26 combatentes, todos  con mais ou menos 100 anos, para ser agasallado estes días no lugar dos feitos heroicos, nas propias praias de Utah e de Omaha nas que desembarcaran os americanos.

Normandía e as praias do Desembarco están salpicadas de monumentos e grupos escultóricos nos que se lembra e homenaxea a aqueles homes que loitaron pola liberdade.

81 anos despois, o avance dos neonazis integrados en partidos da extrema dereita europea, España está en Europa, coa conivencia e a colaboración de varios partidos de dereitas, está poñendo en perigo todos os valores polos que loitaron aqueles heroes, a DEMOCRACIA.  O meu recoñecemento a aqueles, o meu desprezo a estes. Democracia significa ter moitos dereitos, apoiados sempre nunha primeira premisa, a obriga de respectar antes que nada os dereitos dos demais. Hoxe en día, en 2025, non teríamos americanos que nos viñeran salvar. So unha Europa unida pode manternos fortes, algo que pretende destruír a ultradereita europea cos seus socios. Ninguén desembarca en Gaza para salvar vidas das gadoupas dos nazis de Israel.


Comentarios