Cando os lobos escoitaban a radio (entre piñeiros)



Con estas fotografías do libro entre bonsais, pretendo ir chamando a atención e espertando a curiosidade dos amigos e seguidores nas redes sociais. A novela vai estar axiña nas librerías, a disposición dos lectores interesados nela. Adiantar que, como nas miñas novelas anteriores nas que unha muller o varias eran protagonistas, nesta tamén hai unha muller narradora e protagonista; so que en Cando os lobos escoitaban a radio son tres os narradores.

Na contra do libro, a editorial, Xerais, inseriu as seguintes palabras: “En Cando os lobos escoitaban a radio Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora”. Sen deixar de ser conmovedora, que o é, eu debo incidir na épica que move ao ser humano ata metas inimaxinables, para ben ou para mal, na procura dun obxectivo que enaltece ou para alimentar os miserentos. 

Comentarios