 |
O Endurance e a tripulación atrapados no xeo. Fotos de Frank Hurley |
O Endurance
é un barco que descansa no fondo do mar de Weddell no océano Antártico. Trátase
dun crebaxeos fretado polo explorador irlandés Ernest Shakleton para “conquistar”
o Polo Sur no ano 1914. O barco quedou
apresado e esmagado polo xeo, polo que a tripulación realizou unha viaxe
extraordinaria en zorras tiradas por cans coas que se desprazaron polo xeado
mar de Weddell ata chegar á illa Elefante. A
expedición o Polo Sur fracasara. Porén, a Expedición Imperial Transantártica,
que así se chamaba, pasou á historia das exploracións grazas á pericia do líder
Shakleton que foi quen de rescatar con vida a todos os expedicionarios que
formaban parte da tripulación, incluído Frank Hurley o fotógrafo da expedición
grazas a quen temos documentada a epopea.
 |
Foto da expedición chilena |
Estes días, unha expedición chilena a bordo del buque S.A. Agulhas II, das que fan
arqueoloxía e exploracións do s.XXI, atopou os restos bastante completos do
Endurance a 3000 metros de profundidade e a 7,5 km de deriva do lugar onde o
abandonaran os expedicionarios.
Recomendo este libro de Caroline Alexander
A principios do s.XX poucos lugares do planeta quedaban por “descubrir”;
poucos retos para os exploradores que se movían pola épica que empurra a homes
e mulleres a asumiren empresas heroicas, dramáticas moitas veces, exitosas outras.
Entre eses poucos lugares estaban os dous Polos. A eses anos, a cabalo entre os
séculos XIX e XX, foron coñecidos coma a “era polar” polos intentos de
numerosos exploradores por seren os primeiros en “conquistar” eses puntos
xeográficos tan extremos.
Comentarios
Publicar un comentario