Mitos, ritos y leyendas de Galicia (Non á guerra, Non á invasión de Ucraína)
Dezanove edicións deste libro falan claramente dun éxito de vendas continuado no tempo dende que no ano 2000 saíse a primeira das edicións desta obra. Este meu primeiro libro fora un encargo do director de MR Ediciones, do grupo Planeta, para que Galicia, coas lendas e as tradicións, formase parta dunha colección que na editorial definiron como “máxica”. Daquela, condicionado pola intensidade do traballo que levaba a cabo na TVG, nun programa que dirixía e presentaba e que implicaba estar viaxando con frecuencia, e pola urxencia nos prazos para a publicación, propúxenlle a meu amigo Xosé Antonio Domelo, guionista e reporteiro da TVG, escribir o libro a catro mans, convite que aceptou e que repetimos noutra publicación anos máis tarde.
Despois duns meses de documentación e
estruturación do traballo, percorremos Galicia varias veces; fixemos máis de
4500 km visitando museos, restos arqueolóxicos, centros de interpretación,
mosteiros e capelas, fragas, vilas mariñeiras e lugares con significado
relevante na tradición galega. Conversamos con especialistas, historiadores e etnógrafos, con veciños, con
técnicos de turismo para, finalmente, pasar á escrita do libro.
Presentamos o libro na primavera do ano 2000
no Museo do Pobo Galego nun acto no que participou Sergio Pazos, daquela no
mítico programa “Caiga quien caiga” diante dunhas trescentas persoas. Os
libreiros venderon duran a presentación 250 libros. Pronto chegou a segunda
edición, e a partir de aí foron chegando as sucesivas.
Comentarios
Publicar un comentario